martes, 12 de mayo de 2020

NOVOS PRAZOS DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA


CURSO ESCOLAR 2.020/2.021

TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN E DE MATRÍCULA DO ALUMNADO

Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 07 de maio de 2020 sobre o  restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de EEI,EP e ESO.-
Restablécese o prazo de presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes  sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

NOVOS PRAZOS DO PROCEDEMENTO

-        Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020
-        Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 09 de xuño de 2020
-        Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
-        Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
-        Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 01 ao10 de xullo de 2020
-        Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria  e bacharelato:do 01 ao 10 de xullo. Prazo extraordinario: do 01 ao 10 de setembro
de 2020.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA

Certificado de empadroamento da unidade familiar
Fotocopia do D.N.I. do solicitante así como de todos  os que convivan no mesmo domicilio.
Fotocopia do Libro de Familia
No caso de Familia monoparental, deberá de acreditarse mediante certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.
Fotocopia da cartilla sanitaria, no caso de 3º e 4º de ESO  se necesita o NUSS ( Número de Usuario da Seguridade Social.
Certificado de matrícula
Certificación de notas
Certificación da renta do ano dous mil dezaoito

No caso de que  acredite calquera outro criterio, deberá certificalo ca documentación precisa.

   
CALENDARIO DO PROCESO
Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición.
Do 1 ao 17 de febrero
Solicitude (ED550A)
Data do sorteo público da letra a efectos de desempate 26-02-2020
Primeiro apelido “T” e “G”
Segundo apelido “E” e “X”
Publicación de postos escolares vacantes.
O 28 de febreiro
Presentación da solicitude de admisión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores (solicitude de praza en centros públicos).
Do 1 ao 20 de marzo
Novo prazo  do 11 ao 18 de maio
solicitude admisión (ED550B)
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
Do 23 de marzo ao 06 de abril
Novo Prazo ata 0 26 de maio
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.
O 24 de abril
Novo Prazo 08 de xuño
Reclamacións.

Realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados.
Novo prazo 3 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais.
Publicación de listaxes definitivas.
Novo prazo 25 de xuño.
No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, esta deberá realizarse na Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Formalización de matrícula para Educación Infantil e Educación Primaria
Novo prazo Do 01 ao 10de Xullo
Formalización de matrícula ordinaria para os alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)
Novo prazo Do 01 ao 10 de xullo   
Prazo extraordinario de formalización de matrícula para a ESO
Novo prazo Do 01 ao 10 de setembro

RECLAMACIÓN: 
As reclamacións contra a resolución do Consello Escolar, a Comisión de Escolarización e, se é o caso, da Inspección Educativa, poderanse presentar no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o órgano que as dictou.



CRITERIOS A SEGUIR PARA A SOLICITUDE:
  • Pódese solicitar praza a través de internet na aplicación informática «admisionalumnado https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ou presentando a solicitude cumplimentada no centro. 
  • O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para reservar praza, deberá presentar no centro de orixe ou a través de internet o formulario de solicitude (Anexo I).
  • O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito solicitará a admisión a través de internet  ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario de solicitude (Anexo II). Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.
  • Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros educativos  e poderán descargarse, e logo cumprimentar, da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada  e  tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923
  • Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
  • Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.

NORMATIVA:














No hay comentarios:

Publicar un comentario