CURSO
ESCOLAR 2.021/2.022
Poderán
consultar toda a información no DOG Núm. 93
- Xoves, 20 de maio de 2021
·
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO EN 3º, 4º, 5º E 6º
DE EDUCACIÓN PRIMARIA E EN 1º, 2º, 3º, E
4º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO)
·
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO EN 1º E 2º DE
EDUCACIÓN PRIMARIA, ASÍ COMO PARA ALUMNADO DE NEAE
· MATERIAL ESCOLAR- ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO
O prazo para presentar
solicitudes e dende o 21 de maio ata o 22 de xuño de 2.021
(ámbolos dous incluidos)
O alumnado que repita 4º de ESO
e o que non obteña praza en FPB no curso
2021/2022 e formalice matrícula
no curso da ESO que lle corresponda, poderán presentala no prazo dun mes desde a formalización da matrícula.
Será obrigación dos pais/nais/titores cumprir os
prazos.
Poderán presentar solicitudes
os país, nais, titores ou representantes legais dos alumns@s.
A solicitude
será única para todos os fillos que estén no mesmo centro docente
A
solicitude deberá presentarse presencialmente no centro docente e nos
formularios (AnexoI e AnexoII) e deberán estar asinados polo
pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, deberán achegar coa solicitude a seguinte
documentación (deberá reflectir a
situación persoal, familiar e económica ao 31 de decembro de 2.019)
Fotocopias
do D.N.I. ou N.I.E. ( maiores de 14 anos
)
No
caso de que o pai e a nai ou o
titor e titores carezan de DNI e NIE deberán solicitar un certificado de
convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do
órgano equivalente do Concello
Fotocopia
do Libro de Familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que
non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de
2.019, poderá acreditar o número de membros utilizando, por exemplo:
1º)
Sentenza xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso, convenio regulador
2º)
Certificado ou volante de convivencia
3º)
Informe dos servizos sociais
De
darse o caso, deberán aportar a documentación correspondente a :
- Certificado de minusvalía
- Violencia de xénero
- Alumnado en situación de tutelado ou en garda da Xunta de Galicia
Para
poder acceder as axudas, ao rematar o curso 2020/2021, o alumnado beneficiario
de libros de texto , tanto se o recibiron do fondo solidario como se o
adquiriron coa axuda para libros de texto, deberá devolvelo ao centro para a
súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2021/2022
O prazo máximo para devolvelos será o 22 de xuño de 2.021, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 07 de setembro de 2.021.
SI UNHA FAMILIA TEN VARIOS FILLOS NO CENTRO, SOAMENTE TERA QUE CUBRIR UNHA SOLICITUDE.
ASIGNACIÓN DE LIBROS E AXUDAS
·
Ao alumnado con
renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis(6) libros de texto
·
Ao alumnado con
renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000€ :
catro(4)
libros de texto
·
Ao alumnado en
situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual
ou superior ao 65%: seis(6) libros con independencia da renda.
·
Ao alumnado de 1º
e 2º de Educación Primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a
6.000 €: cheque de 210 €uros
·
Ao alumnado de 1º
e 2º de Educación Primaria con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e
igual ou inferior a 10.000€ : cheque de
140 €uros
·
Ao Alumnado de EE
cunha discapacidad > 65% que
utiliza libros adaptados se lle solicitará unha axuda para adquirir libros ou
material complementario específico: cheque 275 €uros
·
Ao alumnado en
situación de garda ou tutela da Xunta de
Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en
que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade
familiar.
·
Ao alumnado con
NEAE matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP
Renda
per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€: 210€
Renda
per cápita familiar superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€: 140€
·
Ao alumnado con
NEAE matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO
·
Renda per cápita
familiar igual ou inferior a 6.000€: 240€
·
Renda per cápita
familiar superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€: 160€
AXUDA MATERIAL ESCOLAR.- 50 €uros
·
Ao alumnado
matriculado en Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria con renta
per
cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €uros
FONDO DE LIBROS
A publicación de listaxes provisionais e definitivas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, farase no taboleiro do Centro, no Blog e na páxina Web.
DATA 09 DE XULLO DE 2.021
·
Listaxes
provisionais de solicitudes admitidas EP
e ESO
·
Listaxes
provisionais de solicitudes excluidas,
indicando a causa de exclusión.
·
Reclamación sobre
a lista provisional.- 2 días seguintes á publicación.
DATA 16 DE XULLO DE 2.021
·
Resultado das
reclamacións
DATA 20 DE XULLO DE 2.021
·
Listaxes
definitivas de solicitudes admitidas EP
DATA 15 DE SETEMBRO DE 2.021
·
Listaxes
definitivas de solicitudes admitidas ESO
ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO (FONDO
SOLIDARIO) DO CURSO 2021/2022.-
Os libros de Texto entregaranse o primeiro día de clase.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR QUE SE MERCAN NO CENTRO
Libros de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación
Primaria e calquera outro Libro de Texto hasta 4º de ESO, así como material escolar, dende Educación Infantil e
ata 6º de Educación Primaria.
Soamente
se encargarán os libros e o material escolar dos alumns@s que traian cuberta a reserva, así como efectuado o pago
do compromiso de 25 €uros, unha vez efectuado o pago da reserva, este importe non se devolverá, e se descontará do
pago final. En Educación Secundaria non se encargarán os cadernos de Inglés nin de Francés , así como o material escolar (farase entrega do cheque).
No caso de estar interesados en mercar
os Libros ou o material escolar no Centro deberedes facer o pago e cubrir o
compromiso o mesmo día que veñades a entregar a Solicitude do Fondo Solidario,
Axuda de Libros ou material , según o caso (podedes enviar todo polos
alumn@s,e deberá de vir todo cuberto e
co importe da reserva)
Os
Libros e o material reservado deberedes
vir a recolle-lo e facer o resto do pago
a partir do día 30 de agosto de 2.021.
Para o alumnado pendente de materias para setembro, farase o encargo dos Libros en setembro, polo que se lle entregará a eles a principios do curso.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR QUE NON SE MERCAN NO CENTRO
No mes de Xullo, por TOKAPP, enviaránse instruccións para vir a recoller os cheques correspondentes
ESPERO QUE ESTAS INDICACIÓNS E DATAS LLES AXUDEN
A TER CLARO COMO SERÁ O TRÁMITE PARA O SEU FILLO/A. NON SE OLVIDEN DE QUE ESTAMOS PARA VOTARLLES
UNHA MAN, PERO É MOI IMPORTANTE QUE TOD@S POÑAMOS DA NOSA PARTE LENDO DETENIDAMENTE
ESTAS INDICACIÓNS, POLO QUE ROGAMOS NOS ENVÍEN CUBERTAS AS SOLICITUDES E CA
DOCUMENTACIÓN QUE SE SOLICITA. Moitas Grazas