sábado, 23 de mayo de 2020

FONDO SOLIDARIO- LIBROS DE TEXTO- AXUDA MATERIAL



CURSO ESCOLAR 2020/2021

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO EN 3º, 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, E EN 1º, 2º, 3º E 4º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO).
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO EN 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, ASÍ COMO PARA ALUMNADO DE NEAE.
MATERIAL ESCOLAR- ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO.

O prazo máximo para presentar solicitudes tanto para o fondo solidario como para axuda de libros é o 19 de xuño de 2020, pero debido ás circunstancias excepcionais que estamos vivindo asignaranse días específicos para a entrega das solicitudes, tal e como se indica máis adiante. Este prazo é para todo o alumnado do centro, independentemente de se teñen asignaturas pendentes para setembro.
O alumnado que repita 4º de ESO disporá dun mes a partir do día 01 de setembro de 2020 para solicitar dita axuda.

Será obriga dos pais/nais/titores cumprir os prazos e presentar toda a documentación correctamente cuberta.

Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais dos alumn@s.

A solicitude será
única para todos os fillos que estén no mesmo centro docente, é dicir, se unha
familia ten varios fillos no centro, soamente terá que entregar unha solicitude para todos eles.

A solicitude deberá presentarse presencialmente no centro docente, empregando os formularios (AnexoI e Anexo II adxuntos), e debendo estar asinados polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumno. Deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación (deberá reflectir a situación persoal, familiar e económica ao 31 de decembro de 2018):

  • Fotocopias do D.N.I. ou N.I.E. ( maiores de 14 anos )
  • No caso de que o pai e a nai, ou o titor e titores carezan de DNI e NIE deberán solicitar un certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello
  • Fotocopia do Libro de Familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2018, poderá acreditar o número de membros utilizando, por exemplo:

                        1º) Sentenza xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso, convenio regulador 
                        2º) Certificado ou volante de convivencia
                        3º) Informe dos servizos sociais
De darse o caso, deberán aportar a documentación correspondente a:

            - Certificado de minusvalía
            - Violencia de xénero
            - Alumnado en situación de tutelado ou en garda da Xunta de Galicia.
  • Para poder optar ás axudas, o alumnado beneficiario de libros de texto do curso 2019/2020, tanto se os recibiron do fondo solidario como se os adquiriron coa axuda para libros de texto, deberá devolvelo ao centro nas seguintes datas:
    Luns 15 de xuño: 3º e 4º de Educación Primaria.
    Martes 16 de xuño: 5º e 6º de Educación Primaria.
    Xoves 18 de xuño: 1º e 2º de Educación Secundaria.
    Venres 19 de xuño: 3º e 4º de Educación Secundaria. 

  • O alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine, debendo devolvelo como data límite o 7 de setembro de 2020. 

  • A publicación das listaxes provisionais e definitivas da adxudicación de libros de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, farase no taboleiro do Centro, no blog  (www.colesanfernandovigo.blogspot.com) e na páxina web do colexio  (https://colegiosanfernandovigo.com/), segundo as seguintes datas:

  • 10 DE XULLO DE 2020
    •  Listaxes provisionais de solicitudes admitidas EP e ESO.
    •  Listaxes provisionais de solicitudes excluidas, indicando a causa de exclusión.
    •  Reclamación sobre a lista provisional.- 2 días seguintes á publicación. 

  • 17 DE XULLO DE 2020
  •            Resolución das reclamacións efectuadas. 

  • 20 DE XULLO DE 2020
  •           Listaxes definitivas de solicitudes admitidas en EP. 

  • 14 DE SETEMBRO DE 2020
  •           Listaxes definitivas de solicitudes admitidas na ESO.
ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO (FONDO SOLIDARIO) DO CURSO 2020/2021.

              Os libros de texto entregaranse o primeiro día de clase.
             
              ASIGNACIÓN DE LIBROS E AXUDAS
  1. Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto   
  2. Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000€ : catro (4) libros de texto. 
  3. Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: seis (6) libros con independencia da renda. 
  4. Ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: cheque de 210 €uros 
  5. Ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000€ : cheque de 140 €uros 
  6. Ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria en garda ou tutela da Xunta, e ao alumnado tutelado con NEAE : cheque de 210 €uros 
  7. Ao alumnado de ESO con NEAE en garda ou tutela da Xunta: cheque de 210 €uros. 
  8.  Ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65% que utiliza libros adaptados solicitaráselle unha axuda para adquirir libros ou material complementario específico: cheque 275 €uros 


  • AXUDA MATERIAL ESCOLAR.- 50 €uros

  • Ao alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria con renta per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €uros.

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR QUE SE MERCA NO CENTRO.

Poderanse mercar libros de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria e calquera outro libro de texto hasta 4º de ESO, así como material escolar, dende Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria.

Soamente se encargarán os libros e o material escolar dos alumn@s que traian cuberta a reserva e efectúen o pago dun compromiso de 25no propio centro.

Unha vez efectuado o pago da reserva, este importe non se devolverá. Descontarase do pago final do importe total dos libros.

En Educación Secundaria non se encargarán os cadernos de Inglés nin de Francés, nin de material escolar; farase entrega do cheque para que se adquiran fóra do centro.

No caso de estar interesados en mercar estes libros ou o material escolar no centro, deberedes facer o pago e cubrir o compromiso o mesmo día que veñades a entregar a Solicitude do Fondo Solidario, Axuda de Libros ou material , segundo as seguintes datas:

  1. Os alumnos que vaian para 1º e 2º curso de Educación Primaria: MARTES 26 DE MAIO 
  2. Os alumnos que vaian para 3º e 4º curso de Educación Primaria: MÉRCORES 27 DE MAIO
  3. Os alumnos que vaian para 5º e 6º curso de Educación Primaria: XOVES 28 DE MAIO  
  4. Os alumnos que vaian para 1º e 2º de ESO: VENRES 29 DE MAIO
  5. Os alumnos que vaian para 3º e 4º de ESO: LUNS 01 DE XUÑO
  6. Os alumnos de 3, 4 e 5 anos: MARTES 02 DE XUÑO 


  • A partir do día 27 de agosto de 2020, empezaranse a entregar os libros e o material escolar adquirido no centro. 

  • Para o alumnado pendente de materias para setembro, farase o pedido unha vez se saiba o curso para o que van.


  • LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR QUE NON SE MERCA NO CENTRO 

  • No mes de Xullo enviaránse instruccións para vir a recoller os cheques correspondentes.

O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DO CENTRO SERÁ DE 09:30 A 14:00 HORAS.
SOAMENTE PODERÁ ACCEDER AO CENTRO UNHA PERSOA POR FAMILIA, SENDO OBRIGATORIO O USO DE MASCARILLA.


ANEXOS I E II (pinchar para descargar)

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23300466


IMPRIMIR E CUBRIR ADECUADAMENTE ANTES DA SÚA ENTREGA NO CENTRO. NO CASO DE NON PODER IMPRIMILOS, PODEREDES RECOLLER ESTES FORMATOS IMPRESOS NO CENTRO O LUNS 25 DE MAIO.
LEMBRADE QUE SOAMENTE PODERÁ ACCEDER AO CENTRO UNHA PERSOA POR FAMILIA, SENDO OBRIGATORIO O USO DE MASCARILLA.



No hay comentarios:

Publicar un comentario