martes, 28 de enero de 2020

ENTROIDO 2020


Queridas familias :
                           Queremos comunicarvos que entre os días 17 e 21 de febreiro    celebraremos a festa do ENTROIDO . Nesta celebración que tanto nos ilusiona, este ano  o tema  será  a ROBÓTICA e AS NOVAS TECNOLOXÍAS, e levaremos a cabo as seguintes actividades:
  • Ao Cole este ano chegou o  “MECO ROBOT”, que nos irá dicindo o que debemos levar cada día.
    • LUNS 17 DE FEBREIRO.- “UN XERSEI”, terás que traer pero será do revés.
    • MARTES 18 DE FEBREIRO.-  Se frío non queres ter, os “CALCETÍNS”, por fora terás que poñer.
    • MÉRCORES 19 DE FEBREIRO.- Se te queres divertir pon vermello “O NARIZ”.
    • XOVES 20 DE FEBREIRO.- VIRÁN CUN DISFRACE DA CASA. Os nenos/as virán da súa casa co disfrace (disfraz) que queiran. Para ese día deberán aprenderse unha rima ou pareado, relacionado co seu disfrace, o cal deberán dicir mentres desfilan pola pasarela.   
    • VENRES 21 DE FEBREIRO.- Disfrazarémonos no Cole de ROBOTS ou de NOVAS TECNOLOXÍAS.                     
  • Sobre as 11:30h. reuniranse tod@s @s alumn@s no patio grande para desfilar o son da música, elexida por cada curso, e facer unhas fotos, (para este desfile estarán as portas abertas ás familias).
O desfile realizarase sempre que as  condicións climatolóxicas nolo permitan
 
Ao finalizar CELEBRAREMOS O ENTROIDO cunha Festa onde faremos algún Obradoiro de cociña, degustaremos “orellas ou  filloas”,  e escoitaremos música, regueifas, etc..., polo que deberei levar ao Cole…

­­­­­­­­­­­­Os días 24, 25 e 26 de febreiro  non haberá clase.

*Rogamos non lles adiantedes aos nenos/as o que deberán levar o día seguinte, xa que eles e elas o descubrirán o día anterior e quen llo di é o  “MECO ROBOT “.

                 Unha vez máis,  moitas Grazas pola vosa colaboración.

FELIZ ENTROIDO
                                                                       


No hay comentarios:

Publicar un comentario