martes, 27 de febrero de 2018

ÁREA DE INFLUENCIA - CRITERIOS DE BAREMACIÓN


TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN E DE MATRÍCULA DO ALUMNADO          
      NOTA INFORMATIVA

  1. Só se pode presentar UNHA ÚNICA SOLICITUDE, no centro que solicite en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  2. O alumnado que ten garantía de permanencia no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  3. O alumnado que ten reserva vinculante de praza en un centro de adscripción, deberá comunicar a renuncia si presenta solicitud de admisión noutro centro, esta renuncia deberá presentarse antes do inicio de plazo de presentación de solicitudes de admisión.
O número de alumnos/as  por unidade escolar para o próximo CURSO ESCOLAR 2018-2019  será o seguinte:

Segundo ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria : 25 alumn@s por unidade

Educación Secundaria Obrigatoria: 30 alumn@s por unidade

ÁREA DE INFLUENCIA

EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA.- Comprende a parroquia de Sárdoma, con límite na Avenida de Madrid, seguindo pola rúa Pizarro, rúa Vázquez Varela e rúa Colón ata o porto; dende o porto pola rúa Carral e a rúa Abeleira Menéndez ata a Praza do Rei; e dende aquí pola Vía Hispanidade e seguindo pola Baixada do Castaño ata o límite coa parroquia de Castrelos.

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA.- Colle dende a praza de Eugenio Fadrique subindo pola rúa Coruña ( banda esquerda ) ata chegar ó cruce da rúa Lalín e por ésta ata o cruce coa rúa Estrada ( marxe esquerda ) ata chegar a Alcalde Portanet ( parte dos límites da zona 1 ) e dende ali cóllese como límite o río ata chegar ó cruce da Salgueira e subindo pola rúa Mantelas ( parte esquerda ) ata o cruce coa Gran Vía ( baixando á marxe esquerda ) ata o cruce coa rúa Salamanca e de ahí ata a praza Eugenio Fadrique pasando por Pintor Colmeiro, praza da Independencia, López Mora, parte de Tomás A. Alonso ( límites da zona 2 ). Zonas de  As Travesas, Cataboi, Salgueira, praza da Independencia ).

CRITERIOS DE BAREMACIÓN E PUNTUACIÓNS ( para os casos nos que as solicitudes sexan superiores aos postos dispoñibles) 

1. IRMÁS
Primeiro irmán matriculado no  centro: 8 puntos
Por cada un  dos irmáns restantes: 2 puntos.
Computarase a existencia de irmáns matriculados no centro si éstos están cursando ensinanzas nel e van a continuar asistindo o mesmo no curso escolar para o que se solicita a admisión.
Si os apelidos non fosen  coincidentes acreditarase a relación mediante o libro de familia, certificado, sentencia pola que se adxudique a titela o, no seu caso, a correspondente resolución administrativa, emitida po la conselleria competente en materia de benestar social, na que figure a guarda e acollida do menor.

2.- Acreditación do criterio pais traballadores do centro docente:
Pai ou nai traballador/a do centro docente: 3 puntos.
Acreditarase pola titularidade.

3.- Acreditación do criterio domicilio:
Área de influencia:6 puntos.
Área limítrofe: 3 puntos.
Outras zonas ou  localidades: 0 punto. 
O domicilio familiar acreditarase mediante a certificación de empadroamento familiar

4.- Acreditación do criterio domicilio de traballo :
Área de influencia :4 puntos.
Área limítrofe: 2 puntos.
Outras zonas ou  localidades: 0 punto
O lugar de traballo de calquera dos país ou titores , debidamente acreditado, considerarase, a instancia do solicitante, cos mesmos efectos co domicilio familiar do solicitante.
Cando, por causa debidamente acreditada, os pais, nais, titores ou titoras vivan en domicilios distintos, considerarase como domicilio familiar do alumno o da persoa que teña atribuida a custodia legal do mesmo.
Nos casos nos que se acorde a custodia compartida do alumno ou da alumna, valorarase o domicilio no que esté empadroado ou empadroada.

5.- Acreditación do criterio renta da unidade  familiar:
Ingresos totais divididos polo número de membros da familia.
Ingresos inferiores a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos
Ingresos iguais  ou superiores a 0,5 e inferiores a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos
Ingresos iguais ou superiores ao 0,75 veces o IPREM: 1 punto
Ingresos iguais ou superiores ao IPREM: 0 puntos

6.- Acreditación do criterio de familia numerosa:
Por familia numerosa de  categoría especial: 3 puntos
Por familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos
A condición de membro de familia numerosa acreditarase aportando o título oficial de familia numerosa.

7.- Acreditación do criterio de familia monoparental:
Por familia monoparental: 2 puntos
Para os efectos de valoración deste criterio, terá a consideración de familia monoparental a que reúna os requisitos que determina o artigo 13 da Lei 3/2011. Do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Esta circunstancia acreditarase mediante fotocopia do libros de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador.

8.- Acreditación do criterio discapacidade: (igual ou superior ao 33%)
Discapacidade  do alumno/a: 4 puntos
Discapacidade  dunha/un das/dos proxenitoras/es ou titoras/es  3 puntos:
Discapacidade  dalgunha/un das/dos  irmás/ans da alumna ou alumno: 1 punto por cada una/un delas/es: 1 punto
A discapacidade dos alumnos, irmáns, país, nais ou titotes acreditarase mediante a correspondente certificación, emitida pola Conselleria de Benestar Social.

9.- Acreditación do criterio expediente académico para o acceso ao bacharelato:
Nota media  de sobresaliente: 2 puntos
Nota media de notable: 1 punto
Nota media de ben: 0,50 puntos

10.- Antigo alumno/a: 1 punto
Si o pai, nai, titor ou  titora legal ou  algun dos irmáns do solicitante ten a condición de antigo alumno ou  alumna do centro para o que solicita a praza, valorarase con 1 punto, independentemente do número deles.
Esta acreditación será mediante a documentación académica da que dispoña, a cal compararase coa  que se garda na secretaría do Centro.













No hay comentarios:

Publicar un comentario