miércoles, 14 de junio de 2017

HORARIOS E ACTIVIDADES DE XUÑO



  1. Neste  mes de Xuño, seguiremos cos mesmos horarios de entrada e saída, tanto polas mañas, como polas tardes
  2. Seguiremos coas mesmas actividades extraescolares de tarde e servizo de transporte escolar , ata o día 22 de Xuño, inclusive, e deberán estar ao día no pago nesa data.
  3. O último día de comedor será o mércores  21 de xuño de 2.017. A os alumnos/as que  utilicen  o Servizo de comedor, se lles enviará a tarxeta de pagos o  último día de comedor o , 21 de xuño, e deberán facer o pago do mesmo entre os días 22 e 23 de xuño de 2.017.

  4. O  día 23 de Xuño , venres  pola mañán ,  teremos  a  FESTA DE FIN DE CURSO que este ano, e por suxerencias  de moitos Pais/Nais, e para evitar posibles inclemencias  do tempo (sol ou choiva) farase no Auditorio da Asociación Monte da Mina (Castrelos), comezando as  actuacións ás 10:30h. (os alumn@s deberán estar as 10:00h). Ese día os  alumn@s que habitualmente utilizan o transporte escolar, poderán facer uso del no seu horario habitual., o resto do alumnado deberá desplazarse ata o Auditorio polos seus propios medios.
    O día 23 de Xuño de 2.017 o Centro permanecerá pechado, agás a SECRETARÍA, en horario de 09:00h. a 14:00h.
  5. O último día de clase para os alumnos/as de Educación Infantil , Educación Primaria  e Educación Secundaria Obrigatoria
     ( ESO ) será o día 22 de Xuño .
  6. As notas de Educación Infantil e Educación Primaria entregaránse o día 22 de Xuño. Ós alumnos  de Educación Secundaria Obrigatoria ( ESO )  se lles  entregarán as notas o mércores día 28 de Xuño a partires das 10:00h. da mañá.
             Os Alumnos/as de Educación Secundaria Obrigatoria  que non aproben todas en Xuño deberán vir a exame ( proba  
             extraordinaria) os días 01, 04 e 05  de setembro , según o  calendario de exames que se lles entregará cás notas o día 28
            de xuño . As notas correspondentes a proba extraordinaria  se lles entregarán o día 07 de setembro. Os que non
            entregaron a reserva de Libros deberán facelo entre os días 07 e 08 de setembro

7.     SECRETARÍA estará aberta en horario de 09:00h. a 13:00h. ata o 21 de Xullo e a  partires do 21 de Agosto (ámbolos dous inclusives).



 

 Recordámosvos que o mandilón en Educación Infantil e o chándal, incluida a camiseta curta é obrigatorio dende Educación Infantil ata 2º ESO ( incluido) , así como a camiseta curta de ximnasia  que  é obrigatoria en 3º e 4º de ESO. Tédelo a venda en EL CORTE INGLÉS.

LIBROS DE TEXTO

NO BLOG CO COLE.- http://colesanfernandovigo.blogspot.com.es/ NO APARTADO DE SECRETARÍA ESTÁN COLGADOS OS LISTADOS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR QUE SE UTILIZARÁN PARA O PRÓXIMO CURSO ESCOLAR 2017/2018 (a partir do mes de Xullo).

 

Todos os Alumn@s que non teñan a obriga de entregar os Libros no Colexio poderán, aún así deixalos. E estes formarán parte do Fondo Solidario para ser entregados a outros alumn@s ( rogamos que nolos deixedes antes do día 22 de xuño ).

 

Dende o Colexio ofrecemos a posibilidade de efectuar o pago en varios prazos.

De antemán queremos agradece-la compra dos Libros na Librería do Colexio, xa que a marxe comercial obtida invertirase en novos recursos e mellora das instalacións, como xa fixemos en anos anteriores.

Dende 3 anos ata 6º de Educación Primaria, os alumn@s que reserven os Libros no Colexio se lles fará o mesmo tempo a reserva de material escolar ( a no ser que indiquen o contrario )

 


 


COMEZO DO PRÓXIMO CURSO ESCOLAR       2.017/2.018


 

Educación Infantil e Educación Primaria .- Comezan as clases o día  11  de setembro de 2.017 e finalizan o día   21  de Xuño de 2.018 (ambos os dous inclusive).

 

Educación Secundaria Obrigatoria ( ESO ) – Primeiro día de clase o  15  de setembro de 2.017 e último día de clase  o   21  de xuño de 2.018 (ambos os dous inclusive).

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario