jueves, 1 de junio de 2017

FONDO DE LIBROS DE TEXTO- AXUDA MATERIAL ESOCLAR


 

 

CURSO ESCOLAR 2.017/2.018

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO EN 3º, 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E EN 1º, 2º, 3º,  E 4º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO)

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR- ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO

 

         O prazo para presentar solicitudes e dende o 23 de maio ata o 23 de xuño            

         de 2.017 (ámbolos dous incluidos)

         O alumnado que repita 4º de ESO disporá dun  mes a partir do día

         01 de setembro de 2.017 para solicitala.

         Será obrigación dos país/nais/titores cumprir os prazos.

         Poderán presentar solicitudes os país, nais, titores ou representantes legais  dos alumns@s.

A solicitude será única para todos os fillos que estén no mesmo centro docente

A solicitude deberá presentarse presencialmente no centro docente e no formulario (Anexo I) e deberá estar asinado polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado,  deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación (deberá reflectir a situación persoal, familiar e económica ao 31 de decembro de 2.015)

Fotocopias do D.N.I. ou N.I.E dos maiores de 14 anos

Copia do Libro de familia onde figuren todos os membros computables da familia

Certificado ou volante de convivencia.

No caso de separación, divorcio, minusvalía, etc.. haberá que acreditalo co certificado que corresponda.

 

Para poder acceder as axudas, ao rematar o curso 2016/2017, o alumnado beneficiario de libros de texto , tanto se o recibiron do fondo solidario como se o adquiriron coa axuda para libros de texto, deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2017/2018

O prazo máximo para devolvelos será o 23 de xuño de 2.017, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2.017.

 

ASIGNACIÓN DE LIBROS

  • Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: seis(6) libros de texto
  • Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou  infeiror a 9.000€ : catro(4) libros de texto
  • Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: seis(6) libros con independencia da renda.
     
    AXUDA MATERIAL ESCOLAR.- 50 €uros
  • Ao alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria con renta per
    cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €uros
     
    FONDO DE LIBROS.-  A publicación de listaxes  provisionais e definitivas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, farase no  taboleiro do Centro e no Blog.
    DATA 14 DE XULLO DE 2.017

  • Listaxes provisionais de solicitudes admitidas EP e ESO
  • Listaxes provisionais de solicitudes excluidas, indicando a causa de exclusión.
  • Reclamación sobre a lista provisional.- 2 días a partir do 14-07-2017.
    DATA 19 DE XULLO DE 2.017
  • Resultado das reclamacións
    DATA 21 DE XULLO DE 2.017
  • Listaxes definitivas de solicitudes admitidas EP
    DATA 15 DE SETEMBRO DE 2.017
  • Listaxes definitivas de solicitudes admitidas ESO
     
     
    ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO (FONDO SOLIDARIO) DO CURSO 2017/2018.- Os libros de Texto entregaranse o primeiro día de clase.
     
    LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR  QUE SE MERCAN NO CENTRO
     
    Libros  de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria e calquera outro Libro de texto hasta 4º de ESO, así como   material escolar, dende Educación Infantil e hasta 6º de Educación Primaria. Soamente se encargarán os libros e o material escolar dos alumns@s que traian  cuberta a reserva, así como efectuado o pago do compromiso de 20 €uros, unha vez efectuado o pago da reserva, este  importe non se devolverá, e se descontará do pago fnal.
                 En Educación Secundaria non se encargarán  os cuadernos de Inglés nin  de  Francés , así como  o material   
                 escolar (farase entrega do cheque).
                 O centro fará un primeiro pedido para os encargos de Educación Infantil,  Educación Primaria e ESO  o día
                 14 de Xullo de 2.017, o cal deberán vir a  recoller e facer o resto do pago a partir do día 28 de agosto de 2.017.
                 Para o alumnado pendiente de materias para setembro, farase un segundo pedido 0 día 08 de setembro de  
                 2.017 (unha vez que sepamos para que curso van)
     
    LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR  QUE NON SE MERCAN NO CENTRO
     
    Deberán pasarse polo Centro entre os días 14 e 21 de Xullo de 2.017, para recoller o cheque correspondente e tomarse nota dos Libros, así como do material escolar  que deberán mercar.
      
  •  
     




No hay comentarios:

Publicar un comentario