miércoles, 9 de marzo de 2016



COLEXIO PLURILINGÜE SAN FERNANDO
Baixada á Salgueira, 39 – 40. 36204 – Vigo.
Teléfono: 986 410 361.       Fax: 986 410 174.
eMail:             cpr.sanfernando@edu.xunta.es
Blog:              colesanfernandovigo.blogspot.com.es






CURSO ESCOLAR 2.016/2.017

TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN E DE MATRÍCULA DO ALUMNADO


NOTA INFORMATIVA

  1. Só se pode presentar UNHA ÚNICA SOLICITUDE, no centro que solicite en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  2. O alumnado que ten garantía de permanencia no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  3. O alumnado que ten reserva vinculante de praza en un centro de adscripción, deberá comunicar a renuncia si presenta solicitud de admisión noutro centro, esta renuncia deberá presentarse antes do inicio de plazo de presentación de solicitudes de admisión.


O número de alumnos/as  por unidade escolar para o próximo CURSO ESCOLAR 2016-2017  será o seguinte:

Segundo ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria : 25 alumn@s por unidade

Educación Secundaria Obrigatoria: 30 alumn@s por unidade

Do 01 ao 15 de febrero.- Reserva de praza alumnado Centro ( Anexo I )

O 01 de marzo de 2.016.- Publicación no taboleiro do Nº de Prazas vacantes a ofertar

Do 01 ao 29 de marzo.- Prazo de presentación de solicitudes de admisión.- ( Anexo II +
Anexo A )

Do 01 ao 12 de abril.- No caso de que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, os solicitantes deberán presentar a documentación acreditativa dos criterios de admisión
( os solicitantes dispoñen de 5 días hábiles para presentar a documentación complementaria que acredite as circunstancias alegadas)  

O 25 de abril.- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido
( os solicitantes disponen do prazo de cinco días hábiles para presentar reclamación  ante o Titular do centro

O 15 de maio.- Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos
( os solicitantes dispoñen do prazo de un mes para presentar recurso de alzada ante o Xefe Territorial)

Do 20 ao 30 de xuño.- Formalización da matrícula en Educación Infantil e Educación Primaria.- ( Anexo III )

Antes do 30 de xuño.-  Os alumn@s de ESO admitidos en DIFERENTE CENTRO e con materias pendentes para setembro, deberán comunícalo ao centro no que foron admitidos.

Do 25 de xuño ao  10 de xullo.- Formalización da matrícula en Educación Secundaria Obrigatoria.-
( Anexo III )

Do 01 ao 10 de setembro.- Prazo extraordinario de formalización de matrícula en Educación Secundaria Obrigatoria:

Se finalizados os prazos de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida.

Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2016/2017, conforme ao resultado do soteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras “H”  e  “C”; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras  “E”  e  “A”.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA

Certificado de empadroamento da unidade familiar
Fotocopia do D.N.I. do solicitante así como de todos  os que convivan no mesmo domicilio.
Fotocopia do Libro de Familia
Certificado de matrícula
Certificación de notas
Certificación da renta do ano dous mil catorce

No caso de que  acredite calquera outro criterio, deberá certificalo ca documentación precisa.


LEXISLACIÓN APLICABLE

Ley Orgánica 2/2006, de 03/05, de educación ( BOE 04/05)
Decreto 254/2012, do 13 de decembro ( DOG do 26 de decembro de 2012 )
Orde do 12/03/2013 ( DOG do 15 de marzo de 2013 )
Corrección de Erros Orde 12/03/2013 (DOG do 24 de abril de 2013)
Instruccións 10/02/2016 da Dirección Xeral de centros
Instruccións da Xefatura Territorial
Proxecto Educativo do Centro

Toda esta documentación está na Secretaría do centro, a disposición dos país que así o soliciten.



ÁREA DE INFLUENCIA

EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA.- Comprende a parroquia de Sárdoma, con límite na Avenida de Madrid, seguindo pola rúa Pizarro, rúa Vázquez Varela e rúa Colón ata o porto; dende o porto pola rúa Carral e a rúa Abeleira Menéndez ata a Praza do Rei; e dende aquí pola Vía Hispanidade e seguindo pola Baixada do Castaño ata o límite coa parroquia de Castrelos.

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA.- Colle dende a praza de Eugenio Fadrique subindo pola rúa Coruña ( banda esquerda ) ata chegar ó cruce da rúa Lalín e por ésta ata o cruce coa rúa Estrada ( marxe esquerda ) ata chegar a Alcalde Portanet ( parte dos límites da zona 1 ) e dende ali cóllese como límite o río ata chegar ó cruce da Salgueira e subindo pola rúa Mantelas ( parte esquerda ) ata o cruce coa Gran Vía ( baixando á marxe esquerda ) ata o cruce coa rúa Salamanca e de ahí ata a praza Eugenio Fadrique pasando por Pintor Colmeiro, praza da Independencia, López Mora, parte de Tomás A. Alonso ( límites da zona 2 ). Zonas de  As Travesas, Cataboi, Salgueira, praza da Independencia ).


CRITERIOS DE BAREMACIÓN E PUNTUACIÓNS ( para os casos nos que as solicitudes sexan superiores aos postos dispoñibles) 


1. IRMÁS
Primeiro irmán matriculado no  centro: 8 puntos
Por cada un  dos irmáns restantes: 2 puntos.

Computarase a existencia de irmáns matriculados no centro si éstos están cursando ensinanzas nel e van a continuar asistindo o mesmo no curso escolar para o que se solicita a admisión.
Si os apelidos non fosen  coincidentes acreditarase a relación mediante o libro de familia, certificado, sentencia pola que se adxudique a titela o, no seu caso, a correspondente resolución administrativa, emitida po la conselleria competente en materia de benestar social, na que figure a guarda e acollida do menor.



2.- Acreditación do criterio pais traballadores do centro docente:
Pai ou nai traballador/a do centro docente: 3 puntos.

Acreditarase pola titularidad.


3.- Acreditación do criterio domicilio:
Área de influencia:6 puntos.
Área limítrofe: 3 puntos.
Outras zonas ou  localidades: 0 punto. 

O domicilio familiar acreditarase mediante a certificación de empadroamento familiar


4.- Acreditación do criterio domicilio de traballo :
Área de influencia :4 puntos.
Área limítrofe: 2 puntos.
Outras zonas ou  localidades: 0 punto

O lugar de traballo de calquera dos país ou titores , debidamente acreditado, considerarase, a instancia do solicitante, cos mesmos efectos co domicilio familiar do solicitante.
Cando, por causa debidamente acreditada, os pais, nais, titores ou titoras vivan en domicilios distintos, considerarase como domicilio familiar do alumno o da persoa que teña atribuida a custodia legal do mesmo.
Nos casos nos que se acorde a custodia compartida do alumno ou da alumna, valorarase o domicilio no que esté empadroado ou empadroada.


5.- Acreditación do criterio de familia numerosa:
Por familia numerosa de  categoría especial: 3 puntos
Por familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos

A condición de membro de familia numerosa acreditarase aportando o título oficial de familia numerosa.


6.- Acreditación do criterio de familia monoparental:
Por familia monoparental: 2 puntos

Para os efectos de valoración deste criterio, terá a consideración de familia monoparental a que reúna os requisitos que determina o artigo 13 da Lei 3/2011. Do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Esta circunstancia acreditarase mediante fotocopia do libros de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulardor.


7.- Acreditación do criterio renta da unidade  familiar:

Ingresos totais divididos polo número de membros da familia.
Ingresos inferiores a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos
Ingresos iguais  ou superiores a 0,5 e inferiores a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos
Ingresos iguais ou superiores ao 0,75 veces o IPREM: 1 punto
Ingresos iguais ou superiores ao IPREM: 0 puntos


8.- Acreditación do criterio discapacidade: (igual ou superior ao 33%)
Discapacidade  do alumno/a: 4 puntos
Discapacidade  dunha/un das/dos proxenitoras/es ou titoras/es  3 puntos:
Discapacidade  dalgunha/un das/dos  irmás/ans da alumna ou alumno: 1 punto por cada una/un delas/es: 1 punto

 A discapacidade dos alumnos, irmáns, país, nais ou titotes acreditarase mediante a correspondente certificación, emitida pola Conselleria de Benestar Social.


9.- Acreditación do criterio expediente académico para o acceso ao bacharelato:
Nota media  de sobresaliente: 2 puntos
Nota media de notable: 1 punto
Nota media de ben: 0,50 puntos


10.- Antigo alumno/a: 1 punto
Si o pai, nai, titor ou  titora legal ou  algun dos irmáns do solicitante ten a condición de antigo alumno ou  alumna do centro para o que solicita a praza, valorarase con 1 punto, independentemente do número deles.
Esta acreditación será mediante a documentación académica da que dispoña, a cal compararase coa  que se garda na secretaría do Centro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario