miércoles, 19 de junio de 2013

INFORMACIÓN- Final de Curso - Comezo do Próximo Curso Escolar 2.013/2.014

CIRCULAR INFORMATIVA -  COMEZO DO PRÓXIMO CURSO ESCOLAR       2.013/2.014


Educación Infantil e Educación Primaria .- Comezan as clases o día 11 de setembro de 2.013 e finalizan o día 20 de Xuño de 2.014 ( ámbolos dous inclusive ).

Educación Secundaria Obrigatoria ( ESO ) – Primeiro día de clase o 16 de setembro de 2.013 e último día de clase  o 20 de xuño de 2.014 ( ámbolos dous inclusive ).

Os Alumnos/as de Educación Secundaria Obrigatoria  que non aproben todas en Xuño deberán vir a exame ( proba extraordinaria ) entre os días 02,03 e 04 de setembro , según o  calendario de exames que se lles entregará cás notas o día 25 de xuño . As notas correspondentes a proba extraordinaria  se lles entregarán o día 06 de setembro.

O Chandal e o Mandilón cambiaron o seu deseño e o mesmo tempo introducímo-la camiseta de ximnasia e o pantalón curto ( o cal non é obrigatorio).Durante os cursos escolares 2013/2014 e 2014/2015 poderase traer calquera deles, pero a partir do curso escolar 2015/2016 tan só se traerá o novo modelo (azul, verde e branco)
Recordámosvos que o mandilón en Educación Infantil e o chándal, incluida a camiseta curta é obrigatorio dende Educación Infantil ata 2º ESO ( incluido) , así como a camiseta curta de ximnasia  que  é obrigatoria en 3º e 4º de ESO. Tédelo a venda en EL CORTE INGLÉS.

ACLARACIÓNS.-LIBROS DE TEXTO
Dende o Colexio ofrecemos a posibilidade de efectuar o pago dos Libros en dous prazos, setembro e outubro.
De antemán queremos agradece.la compra dos Libros na Librería do Colexio, xa que a marxe comercial obtida invertirase en novos recursos e mellora das instalación, como xa fixemos en anos anteriores.

BECAS LIBROS E CUADERNOS.-O prazo para solicita-la Beca  , para o alumnado de Educación Primaria e do 03 de xuño ao 03 de xullo de 2013 , ambos inclusive.
Para Educación Secundaria Obrigatoria ( ESO ) que formalice a matrícula no prazo ordinario : do 25 de xuño ao 26 de xullo , ambos inclusive ( debido as vacacións rogamos entreguedes toda a documentación antes do día 12 de xullo ) e para os que formalicen a matrícula no prazo extraordinario : do 02 de setembro ao 02 de outubro de 2.013 , ambos inclusive.

Educación Infantil e Educación Primaria.- Tódolos Alumnos/as que reservaron os Libros ou os  Cadernos no Colexio deberán vir a partires do día 28 de Agosto e ata o 06 de Setembro polo Centro para retiralos e facer o pago dos mesmos. Os pais/nais dos alumnos/as de Educación Primaria deberán tamén asina-lo cheque correspondente ( de ser o caso )
Educación Secundaria Obriagatoria.- Tódolos Alumnos/as que reservaron os Libros ou os Cadernos no Colexio e que aprobaran tódalas asinaturas na convocatoria de Xuño , deberán vir a partires do día 28 de Agosto e ata o 06 de setembro polo Centro para retiralos e facer o pago dos mesmos . Os pais/nais dos alumnos/as de Educación Secundaria obrigatoria  deberán tamén asina-lo cheque correspondente.
Os Alumnos/as  que se presenten a exames no mes de Setembro , se lles solicitarán os Libros a partires do día 09 de setembro.

SECRETARÍA estará aberta en horario de 09:00h. a 13:00h. ata o 12 de Xullo e a  partires do 19 de Agosto.

LLES DESEXAMOS UN MOI FELIZ VERÁN

Vigo 13 de Xuño de 2.013


No hay comentarios:

Publicar un comentario