martes, 9 de febrero de 2021

ENTROIDO

 Queridas familias :

                      Queremos comunicarvos que entre os días 08 e 12 de febreiro    celebraremo-la a festa do ENTROIDO . Nesta celebración que tanto nos ilusiona, este ano pola situación xenerada polo COVID-19, non faremos o disfraz no colexio, nin desfile. Pero si celebraremo-lo ENTROIDO SEGUINDO AS ORDES DO NOSO MECO.

  • Ao Cole este ano chegou o  “MECO”, que nos irá dicindo o que debemos levar cada día.

O que teñen que traer é acumulativo: é dicir o martes traerán o do luns tamén, e así ata o xoves, que traerán todo.

LUNS 08 DE FEBREIRO.-  Se o entroido queres celebrar  ”algo na CABEZA” tes que levar.

MARTES 09 DE FEBREIRO.-  Algo “vistoso e colorido no PESCOZO” imos colocar, e non vos esquezades de traer “algo na CABEZA”.

MÉRCORES 10 DE FEBREIRO.- Se queres presumir “algo na CINTURA” tes que vestir, e “vistoso e colorido no PESCOZO” e “algo na CABEZA”.

XOVES 11 DE FEBREIRO.- Se queres divertirte este mes “pon diferente os PÉS” e “vistoso e colorido no PESCOZO”, “algo na CABEZA” e “algo na CINTURA”.

VENRES 12 DE FEBREIRO.- De casa virás co teu “mellor DISFRAZ”

 

CELEBRAREMO-LO ENTROIDO cunha Festa onde degustaremos “orellas” ou “filloas”, e escoitaremos música, regueifas, etc...

­­­­­­­­­­­­Os días 15, 16 e 17 de febreiro  non haberá clase.

 

*Rogamos non lles adiantedes aos nenos/as o que deberán levar o día seguinte, xa que eles e elas o descubrirán o día anterior e quen llo di é o  “MECO“.

 

                 Unha vez máis,  moitas Grazas pola vosa colaboración.

 

FELIZ ENTROIDO

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario