viernes, 6 de marzo de 2020

PROCESO DE RESERVA DE PRAZA E MATRICULACIÓN 2020-2021





CURSO ESCOLAR 2.020/2.021

TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN E DE MATRÍCULA DO ALUMNADO


NOTA INFORMATIVA

  1. Só se pode presentar UNHA ÚNICA SOLICITUDE, no centro que solicite en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  2. O alumnado que ten garantía de permanencia no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  3. O alumnado que ten reserva vinculante de praza en un centro de adscripción, deberá comunicar a renuncia si presenta solicitud de admisión noutro centro, esta renuncia deberá presentarse antes do inicio de plazo de presentación de solicitudes de admisión.


O número de alumnos/as  por unidade escolar para o próximo CURSO ESCOLAR 2020-2021  será o seguinte:

Segundo ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria : 25 alumn@s por unidade

Educación Secundaria Obrigatoria: 30 alumn@s por unidade

Do 01 ao 17 de febreiro.- Reserva de praza para o alumnado do Centro ( Anexo I – ED550A)

O 28 de febreiro de 2.020.- Publicación no taboleiro do Nº de Prazas vacantes a ofertar

Do 01 ao 20 de marzo.- Prazo de presentación de solicitudes de admisión.- ( Anexo II - ED550B )

Do 22 de marzo ao 06 de abril.- No caso de que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, os solicitantes deberán presentar a documentación acreditativa dos criterios de admisión
(os solicitantes dispoñen de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes á finalización do prazo , para presentar a documentación complementaria que acredite as circunstancias alegadas)  

O 24 de abril.- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido
(os solicitantes dispoñen do prazo de cinco días hábiles para presentar reclamación  ante o Titular do centro).

O 14 de maio.- Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos
(os solicitantes dispoñen do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o Xefe Territorial)

Do 19 ao 30 de xuño.- Formalización da matrícula en Educación Infantil e Educación Primaria.-
( Anexo III )

Antes do 30 de xuño.-  Os alumn@s de ESO admitidos en DIFERENTE CENTRO e con materias pendentes para setembro, deberán comunícalo ao centro no que foron admitidos.

Do 25 de xuño ao  10 de xullo.- Formalización da matrícula en Educación Secundaria Obrigatoria.-
( Anexo III )

Do 01 ao 10 de setembro.- Prazo extraordinario de formalización de matrícula en Educación Secundaria Obrigatoria:

Se finalizados os prazos de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida.

Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2020/2021, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras T  e G   , así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras  E  e  X   .




DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA

Certificado de empadroamento da unidade familiar
Fotocopia do D.N.I. do solicitante así como de todos  os que convivan no mesmo domicilio.
Fotocopia do Libro de Familia
No caso de Familia monoparental, deberá de acreditarse mediante certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.
Fotocopia da cartilla sanitaria, no caso de 3º e 4º de ESO  se necesita o NUSS ( Número de Usuario da Seguridade Social.
Certificado de matrícula
Certificación de notas
Certificación da renta do ano dous mil dezaoito

No caso de que  acredite calquera outro criterio, deberá certificalo ca documentación precisa.


LEXISLACIÓN APLICABLE

Ley Orgánica 2/2006, de 03/05, de educación ( BOE 106)
Decreto 254/2012, do 13 de decembro ( DOG Núm. 245 do 26 de decembro de 2012 )
Orde do 12/03/2013 ( DOG Núm. 53 do 15 de marzo de 2013 )
Corrección de Erros Orde 12/03/2013 (DOG Núm. 79 do 24 de abril de 2013)
Lei 39/2015 do 1 de outubro, Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a implantación da nova ferramenta informática de xestión.
Orde do 25 xaneiro de 2017 pola que se modifican varios preceptos da Orde do 12 de marzo de 2.013.
Instruccións 12/02/2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Proxecto Educativo do Centro

Toda esta documentación está na Secretaría do centro, a disposición dos país que así o soliciten.


ÁREA DE INFLUENCIA

EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA – ZONA 7.- Comprende a parroquia de Sárdoma, con límite na Avenida de Madrid, seguindo pola rúa Pizarro, rúa Vázquez Varela e rúa Colón ata o porto; dende o porto pola rúa Carral e a rúa Abeleira Menéndez ata a Praza do Rei; e dende aquí pola Vía Hispanidade e seguindo pola Baixada do Castaño ata o límite coa parroquia de Castrelos.

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA- ZONA 6 .- Colle dende a praza de Eugenio Fadrique subindo pola rúa Coruña ( banda esquerda ) ata chegar ó cruce da rúa Lalín e por ésta ata o cruce coa rúa Estrada ( marxe esquerda ) ata chegar a Alcalde Portanet ( parte dos límites da zona 1 ) e dende ali cóllese como límite o río ata chegar ó cruce da Salgueira e subindo pola rúa Mantelas ( parte esquerda ) ata o cruce coa Gran Vía ( baixando á marxe esquerda ) ata o cruce coa rúa Salamanca e de ahí ata a praza Eugenio Fadrique pasando por Pintor Colmeiro, praza da Independencia, López Mora, parte de Tomás A. Alonso ( límites da zona 2 ). Zonas de  As Travesas, Cataboi, Salgueira, praza da Independencia ).



CRITERIOS DE BAREMACIÓN E PUNTUACIÓNS ( para os casos nos que as solicitudes sexan superiores aos postos dispoñibles) 

1.- IRMÁS
Primeiro irmán matriculado no  centro: 8 puntos
Por cada un  dos irmáns restantes: 2 puntos.
Computarase a existencia de irmáns matriculados no centro si éstos están cursando ensinanzas nel e van a continuar asistindo o mesmo no curso escolar para o que se solicita a admisión.
Si os apelidos non fosen  coincidentes acreditarase a relación mediante o libro de familia, certificado, sentencia pola que se adxudique a titela o, no seu caso, a correspondente resolución administrativa, emitida po la conselleria competente en materia de benestar social, na que figure a guarda e acollida do menor.

2.- Acreditación do criterio pais traballadores do centro docente:
Pai ou nai traballador/a do centro docente: 3 puntos.
Acreditarase pola titularidade.

3.- Acreditación do criterio domicilio:
Área de influencia:6 puntos.
Área limítrofe: 3 puntos.
Outras zonas ou  localidades: 0 punto. 
O domicilio familiar acreditarase mediante a certificación de empadroamento familiar

4.- Acreditación do criterio domicilio de traballo :
Área de influencia :4 puntos.
Área limítrofe: 2 puntos.
Outras zonas ou  localidades: 0 punto
O lugar de traballo de calquera dos país ou titores , debidamente acreditado, considerarase, a instancia do solicitante, cos mesmos efectos co domicilio familiar do solicitante.
Cando, por causa debidamente acreditada, os pais, nais, titores ou titoras vivan en domicilios distintos, considerarase como domicilio familiar do alumno o da persoa que teña atribuida a custodia legal do mesmo.
Nos casos nos que se acorde a custodia compartida do alumno ou da alumna, valorarase o domicilio no que esté empadroado ou empadroada.

5.- Acreditación do criterio renta da unidade  familiar:
Ingresos totais divididos polo número de membros da familia.
Ingresos inferiores a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos
Ingresos iguais  ou superiores a 0,5 e inferiores a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos
Ingresos iguais ou superiores ao 0,75 veces o IPREM: 1 punto
Ingresos iguais ou superiores ao IPREM: 0 puntos

6.- Acreditación do criterio de familia numerosa:
Por familia numerosa de  categoría especial: 3 puntos
Por familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos
A condición de membro de familia numerosa acreditarase aportando o título oficial de familia numerosa.

7.- Acreditación do criterio de familia monoparental:
Por familia monoparental: 2 puntos
Para os efectos de valoración deste criterio, terá a consideración de familia monoparental a que reúna os requisitos que determina o artigo 13 da Lei 3/2011. Do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Esta circunstancia acreditarase , mediante certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.

8.- Acreditación do criterio discapacidade: (igual ou superior ao 33%)
Discapacidade  do alumno/a: 4 puntos
Discapacidade  dunha/un das/dos proxenitoras/es ou titoras/es  3 puntos:
Discapacidade  dalgunha/un das/dos  irmás/ans da alumna ou alumno: 1 punto por cada una/un delas/es: 1 punto
A discapacidade dos alumnos, irmáns, país, nais ou titotes acreditarase mediante a correspondente certificación, emitida pola Conselleria de Benestar Social.

9.- Acreditación do criterio expediente académico para o acceso ao bacharelato:
Nota media  de sobresaliente: 2 puntos
Nota media de notable: 1 punto
Nota media de ben: 0,50 puntos

10.- Antigo alumno/a: 1 punto
Si o pai, nai, titor ou  titora legal ou  algun dos irmáns do solicitante ten a condición de antigo alumno ou  alumna do centro para o que solicita a praza, valorarase con 1 punto, independentemente do número deles.
Esta acreditación será mediante a documentación académica da que dispoña, a cal compararase coa  que se garda na secretaría do Centro.

Reserva de Praza, Admisión e matriculación de alumnado en centros de Galicia para o curso Escolar 2020 – 2021
Iníciase o procedemento de  reserva de praza, admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2020- 2021. 

CALENDARIO DO PROCESO
Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición.
Do 1 ao 17 de febrero
Solicitude (ED550A)
Data do sorteo público da letra a efectos de desempate 26-02-2020
Primeiro apelido “T” e “G”
Segundo apelido “E” e “X”
Publicación de postos escolares vacantes.
O 28 de febreiro
Presentación da solicitude de admisión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores (solicitude de praza en centros públicos).
Do 1 ao 20 de marzo
solicitude admisión (ED550B)
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
Do 23 de marzo ao 06 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.
O 24 de abril
Reclamacións.

Realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados.
5 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais.
Publicación de listaxes definitivas.
O 14 de maio.
No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, esta deberá realizarse na Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Formalización de matrícula para Educación Infantil e Educación Primaria
Do 19 ao 30 de Xuño
Formalización de matrícula para os alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)
Do 24 de xuño ao 10 de xullo
Prazo extraordinario de formalización de matrícula para a ESO
Do 01 ao 10 de setembro


RECLAMACIÓNS: 
As reclamacións contra a resolución do Consello Escolar, a Comisión de Escolarización e, se é o caso, da Inspección Educativa, poderanse presentar no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o órgano que as dictou.

CRITERIOS A SEGUIR PARA A SOLICITUDE:
  • Pódese solicitar praza a través de internet na aplicación informática «admisionalumnado https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ou presentando a solicitude cumplimentada no centro. 
  • O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para reservar praza, deberá presentar no centro de orixe ou a través de internet o formulario de solicitude (Anexo I).
  • O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito solicitará a admisión a través de internet  ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario de solicitude (Anexo II). Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.
  • Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros educativos  e poderán descargarse, e logo cumprimentar, da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada  e  tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923
  • Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
  • Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.

NORMATIVA:










  






No hay comentarios:

Publicar un comentario