jueves, 30 de mayo de 2019

INFORMACIÓN GENERAL


INFORMACIÓN DE HORARIOS,ACTIVIDADES DE XUÑO, LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR  
1.     Neste  mes de Xuño, seguiremos cos mesmos horarios de entrada e saída, tanto polas mañas, como polas tardes
2.     Seguiremos coas mesmas actividades extraescolares de tarde, ata o día 19 de xuño,  e o servizo de transporte escolar , ata o día 21 de Xuño, inclusive , e deberán estar ao día no pago nesa data.
3.     O último día de comedor será o mércores  19 de xuño de 2019 . A tarxeta de pagos enviarase a casa o día 14 de Xuño e os días 17, 18 e 19 de xuño, no caso de utilizar o Servizo de comedor deberá de efectuarse o pago no  mesmo día, de non ser así non poderán quedarse. As tarxetas de pagos deberán de estar de volta no Centro, co seu pago correspondente, antes do día 21 de xuño de 2.019.
4.     O día 21 de Xuño, venres pola mañán, teremos unha pequena despedida de Fín de Curso no Centro, (soamente para os alumn@s), no horario habitual de clase. Pola tarde  teremos  a  FESTA DE FIN DE CURSO , que ao igual que o ano pasado, e para  evitar posibles inclemencias  do tempo (sol ou choiva) farase no Auditorio da Asociación Monte da Mina (Castrelos), Comezando as  actuacións ás 17:30h.,(os alumn@s deberán estar as 17:00h).
5.     O día 21 de Xuño os  alumn@s que habitualmente utilizan o transporte escolar, poderán facer uso del no seu horario habitual, únicamente pola mañán. O desplazamento ata o  Auditorio será  polos seus propios medios.
6.     O último día de clase lectiva para os alumnos/as de Educación Infantil , Educación Primaria  e Educación Secundaria Obrigatoria ( ESO ) será o día 20 de Xuño .
7.     As notas de Educación Infantil e Educación Primaria entregaránse o día  20  de Xuño. Ós alumnos  de Educación Secundaria Obrigatoria ( ESO )  se lles  entregarán as notas o día  25  de Xuño a partires das 10:00h. da mañá. Os Alumnos/as de Educación Secundaria Obrigatoria  que non aproben todas en Xuño deberán vir a exame ( proba  extraordinaria) os días  2,3 e 4 de setembro, según o  calendario de exames que se lles entregará cás notas o día 25 de  xuño . As notas correspondentes a proba extraordinaria  se lles entregarán o día  6 de setembro. Os que non  entregaron  a reserva de Libros deberán facelo o máis tardar o día 18 de Xuño de 2.019, independentemente de que sepan   ou non para o curso ao que van (xa nos encargamos nos de comprobar o curso, así como os Libros a mercar), os Libros de   Educación Secundaria se encargarán en setembro, cando sepamos para que curso vai cada alumno.

8.     SECRETARÍA estará aberta en horario de 09:00h. a 13:00h. ata o 19 de Xullo e a  partires do 19 de Agosto (ámbolos dous inclusive).

Recordámosvos que o mandilón en Educación Infantil e o chándal, incluida a camiseta curta é obrigatorio dende Educación Infantil ata 2º ESO ( incluido) , así como a camiseta curta de ximnasia  que  é obrigatoria en 3º e 4º de ESO. Tédelo a venda en EL CORTE INGLÉS.
LIBROS DE TEXTO

Todos os Alumn@s que non teñan a obriga de entregar os Libros no Colexio poderán, aún así deixalos. E estes formarán parte do Fondo Solidario para ser entregados a outros alumn@s  (rogamos que nolos deixedes antes do día 20 de xuño) .

Dende o Colexio ofrecemos a posibilidade de efectuar o pago en varios prazos.
De antemán queremos agradece-la compra dos Libros na Librería do Colexio, xa que a marxe comercial obtida invertirase en novos recursos e mellora das instalación.
Dende 3 anos ata 6º de Educación Primaria, os alumn@s que reserven os Libros no Colexio se lles fará o mesmo tempo a reserva de material escolar (a non ser que indiquen o contrario)





No hay comentarios:

Publicar un comentario