martes, 22 de mayo de 2018

Axudas, Fondos - LIBROS DE TEXTO e Material Escolar- CURSO 2.018-2.019


CURSO ESCOLAR 2.018/2.019          

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
CURSOS DE 1º Y 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E  PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO MATRICULADO EN 3º,4º,5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E 1º,2º,3º,4º DE ESO

Todos os Alumnos/as  que para o próximo curso escolar 2018/2019 vaian a cursar  1º e 2º de Educación Primaria, así como o alumnado de  3º,4º,5º 6º de EP y 1º,2º,3º,4º de Eso, con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) deberán solicitar a Axuda de Libros de Texto e material escolar

Os Alumnos/as que reserven os Libros  e o  material  no Centro, deberán pasarse na última semana de Agosto para recollelos e facer o pago dos mesmos, descontando, de ser o caso o importe da Beca, así como o pago inicial da reserva.
Os Alumnos/as que non fagan a reserva no Colexio,  deberán  pasar  polo Centro entre os días 16 e 20 de  Xullo para tomar nota, tanto da relación  dos Libros como do  material  e se lle  entregará nese momento o cheque correspondente, de ser o caso.
Educación Primaria 1º, 2º e Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.-  Axudas  según Renta per cápita igual ou inferior a 5.400€uros.- 170 €
                      Axudas según Renta per cápita superior a 5.400€uros e igual ou inferior  a 9.000€uros.- 90 €
                      Axudas  Material escolar, según Renta per cápita igual  ou  inferior a 5.400€uros.- 50 €

Educación Secundaria.- 1º, 2º, 3º e 4º de ESO con Necesidades Específica de Apoio Educativo
Axudas  según Renta per cápita igual ou inferior a 5.400€uros.- 180 €
Axudas según Renta per cápita superior a 5.400€uros e igual ou inferior  a 9.000€uros.- 104 €
Axudas  Material escolar, según Renta per cápita igual  ou  inferior a 5.400€uros.- 50 €

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO EN 3º, 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E EN 1º, 2º, 3º,  E 4º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO)
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR- ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO
      
ASIGNACIÓN DE LIBROS
·         Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: seis(6) libros de texto
·         Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou  infeiror a 9.000€ : catro(4) libros de texto
·         Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: seis(6) libros con independencia da renda.
AXUDA MATERIAL ESCOLAR.- 50 €uros
·         Ao alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria con renta per
cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €uros.

FONDO DE LIBROS.-  A publicación de listaxes  provisionais e definitivas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, farase no  taboleiro do Centro e no Blog.

DATA 12 DE XULLO DE 2.018
·         Listaxes provisionais de solicitudes admitidas EP e ESO
·         Listaxes provisionais de solicitudes excluidas, indicando a causa de exclusión.
·         Reclamación sobre a lista provisional.- 2 días seguintes á publicación.
DATA 18 DE XULLO DE 2.018
·         Resultado das reclamacións
DATA 20 DE XULLO DE 2.018
·         Listaxes definitivas de solicitudes admitidas EP
DATA 14 DE SETEMBRO DE 2.018
·         Listaxes definitivas de solicitudes admitidas ESO

            ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO (FONDO SOLIDARIO) DO CURSO 2018/2019.
            Os libros de  Texto entregaranse o primeiro día de clase.

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR  QUE SE MERCAN NO CENTRO

Libros  de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria e calquera outro Libro de Texto hasta 4º de ESO, así como   material escolar, dende Educación Infantil e ata 6º de Educación Primaria. Soamente se encargarán os libros e o material escolar dos alumns@s que traian  cuberta a reserva, así como efectuado o pago do compromiso de 20 €uros, unha vez efectuado o pago da reserva, este  importe non se devolverá, e se descontará do pago fnal.
              En Educación Secundaria non se encargarán  os cadernos de Inglés nin de  Francés , así como  o
              material  escolar (farase entrega do cheque).
              O centro fará o pedido para os encargos de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO  o día
              13 de Xullo de 2.018, o cal deberán vir a  recoller e facer o resto do pago a partir do día 28 de agosto
              de 2.018.
              Para o alumnado pendente de materias para setembro, farase un segundo pedido o día 10 de
              setembro de  2.018 (unha vez que sepamos para que curso van).

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR  QUE NON SE MERCAN NO CENTRO

Deberán pasarse polo Centro entre os días 16 e 20 de Xullo de 2.018, para recoller o cheque correspondente e tomarse nota dos Libros, así como do material escolar  que deberán mercar.

Común a ámbalas tres solicitudes – Axudas de Libros,  Fondo de Libros e Axuda para material escolar.

         O prazo para presentar  as solicitudes e dende o 22 de maio ata o 22 de xuño  de 2.018 (ámbolos dous 
         incluidos)
         O alumnado que repita 4º de ESO disporá dun  mes a partir do día  01 de setembro de 2.018 para
         solicitala.
        
Para poder acceder as axudas, ao rematar o curso 2017/2018, o alumnado beneficiario de libros de texto , tanto se o recibiron do fondo solidario como se o adquiriron coa axuda para libros de texto, deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2018/2019
O prazo máximo para devolvelos será o 22 de xuño de 2.018, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2.018.

SI UNHA FAMILIA TEN VARIOS FILLOS NO CENTRO, SOAMENTE TERA QUE CUBRIR UNHA SOLICITUDE.

Deberán entregar o ANEXO I e ANEXO II, totalmente cuberto e cas sinaturas e acompañado da documentación que se solicita en cada caso.  Non se xestionará ningunha axuda ca documentación incompleta.


  • Fotocopias do D.N.I. ou  N.I.E. ( maiores de 14 anos )
  • No caso de que o pai e  a nai  ou o  titor e titores carezan de DNI e NIE deberán solicitar un certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello
  • Fotocopia do Libro de Familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2.016, poderá acreditar o número de membros utilizando, por exemplo:
       1º) Sentenza xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso, convenio regulador
       2º) Certificado ou volante de convivencia
       3º) Informe dos servizos sociais
De darse o caso, deberán aportar a documentación correspondente a :
  • Certificado de minusvalía
  • Violencia de xénero
  • Alumnado en situación de  tutelado ou en garda da Xunta de Galicia


ESPERO QUE ESTAS INDICACIÓNS E DATAS LLES AXUDEN A TER CLARO COMO SERÁ O TRÁMITE PARA O SEU FILLO/A.  NON SE OLVIDEN DE QUE ESTAMOS PARA VOTARLLES UNHA MAN, PERO É MOI IMPORTANTE QUE TOD@S POÑAMOS DA NOSA PARTE LENDO DETENIDAMENTE ESTAS INDICACIÓNS, POLO QUE ROGAMOS NOS ENVÍEN CUBERTAS AS SOLICITUDES E CA DOCUMENTACIÓN QUE SE SOLICITA. Moitas Grazas



No hay comentarios:

Publicar un comentario