viernes, 3 de febrero de 2017

ENTROIDO 2017 - Educación Infantil , Educación Primaria


CIRCULAR EDUCACIÓN INFANTIL - 3,4 E 5 ANOS
EDUCACIÓN PRIMARIA - 1º,2º,3º,4º,5º E 6º

 


Queridos Pais :

                           Queremos comunicarvos que entre os días 20 e 24 de  Febreiro    celebrarémo-lo ENTROIDO . Nesta unidade  que tanto nos  ilusiona  este ano  o tema  será  NOVAS TECNOLOXÍAS e EMOTICONOS e levaremos a cabo as seguintes actividades .

No Cole este ano chegou o  “ MECO “ él iranos dicindo o que debemos levar cada día.

LUNS 20 DE FEBREIRO.-  COLLAR . Cada neno/a virá de casa cun collar .

MARTES 21 DE FEBREIRO .- PECAS PINTADAS. Cada neno/a virá de casa  cunhas pecas pintadas, na cara, e o collar do día anterior.

MÉRCORES 22 DE FEBREIRO.- PEITEADO DIFERENTE ( trenzas, chichos, coletas,pintado…). Cada neno/a virá de casa cun peiteado diferente, e traerá o collar e as pecas pintadas, dos días anteirores .

XOVES 23 DE FEBREIRO.- VIRÁN CUN DISFRAZ DA CASA . Os nenos/as virán da súa casa co disfraz que eles queiran.

Para ese día deberán aprenderse unha rima ou pareado , relacionado co seu disfraz , o cal deberán dicir mentres desfilan pola pasarela.   

VENRES 24 DE FEBREIRO.-  Disfrazarémonos no Cole de  EMOTICONOS                       

Sobre as 10:30h. se reunirán tódolos alumn@s por clase, para unha sesión de fotos.

Faremos un percorrido polo barrio,  acompañados dos nosos mestres/as , cun desfile polas seguintes rúas:

Saida do  Colexio sobre as 11:00h. para seguir a continuación pola 1ª  Travesía de Baixada á Salgueira  hacia a Rúa Emilia Pardo Bazán (antiga Carreteira Provincial), dirección Gran Vía,  regresando ó colexio pola Rúa Mantelas, (a saída realizarase sempre cás  condicións climatolóxicas nolo permitan). 

Ó finalizar CELEBRARÉMO-LO ENTROIDO , onde disfrutaremos dunha Festa con orellas , filloas , música , etc... , polo que deberei levar ó Cole

 

 

­­­­­­­­­­­­

Os días 27 e 28 de Febreiro e 01 de Marzo non haberá clase.

 

*Rogamos non lles adiantedes os nenos/as o que deberán levar ó día seguinte , xa que eles o decubrirán o día anterior e quen  llo dí é o  “ MECO “.

 

                                              Unha vez máis ,  moitas Grazas  pola vosa colaboración

                                                                        

FELIZ ENTROIDO

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario