lunes, 23 de junio de 2014

INFORMACIÓN DE INTERÉS

Educación Infantil e Educación Primaria .- Comezan as clases o día 10 de setembro de 2.014 e finalizan o día 19  de Xuño de 2.015 ( ambos os dous inclusive ).

Educación Secundaria Obrigatoria ( ESO ) – Primeiro día de clase o 15  de setembro de 2.014 e último día de clase  o 19 de xuño de 2.015 ( ambos os dous inclusive ).

Os Alumnos/as de Educación Secundaria Obrigatoria  que non aproben todas en Xuño deberán vir a exame ( proba extraordinaria ) os días 01, 02, 03 e 04 de setembro , según o  calendario de exames que se lles entregará cás notas o día 24 de xuño . As notas correspondentes a proba extraordinaria  se lles entregarán o día 05 de setembro.

Recordámosvos que o mandilón en Educación Infantil e o chándal, incluida a camiseta curta é obrigatorio dende Educación Infantil ata 2º ESO ( incluido) , así como a camiseta curta de ximnasia  que  é obrigatoria en 3º e 4º de ESO. Tédelo a venda en EL CORTE INGLÉS.

ACLARACIÓNS.-LIBROS DE TEXTO
Dende o Colexio ofrecemos a posibilidade de efectuar o pago en varios prazos.
De antemán queremos agradece-la compra dos Libros na Librería do Colexio, xa que a marxe comercial obtida invertirase en novos recursos e mellora das instalación, como xa fixemos en anos anteriores.
Dende 3 anos ata 6º de Educación Primaria, os alumn@s que reserven os Libros no Colexio se lles fará o mesmo tempo a reserva de material escolar.

BECAS LIBROS .-O prazo para solicita-la Beca  , para o alumnado de Educación Primaria e do 02 de xuño ao 02 de xullo de 2014 , ambos inclusive.
Para Educación Secundaria Obrigatoria ( ESO ) que formalice a matrícula no prazo ordinario : do 25 de xuño ao 28 de xullo , ambos inclusive (debido as vacacións rogamos entreguedes toda a documentación antes do día 11 de xullo ) e para os que formalicen a matrícula no prazo extraordinario : do 02 de setembro ao 02 de outubro de 2.014 , ambos inclusive.

Educación Infantil e Educación Primaria.- Tódolos Alumnos/as que reservaron os Libros, cadernos e o material escolar no Colexio deberán vir a partires do día 27 de Agosto e ata o 05 de Setembro polo Centro para retiralos e facer o pago dos mesmos. Os pais/nais dos alumnos/as de Educación Primaria deberán tamén asina-lo cheque correspondente ( de ser o caso ).

Educación Secundaria Obriagatoria.- Tódolos Alumnos/as que reservaron os Libros  no Colexio e que aprobaran tódalas asinaturas na convocatoria de Xuño , deberán vir a partires do día 27 de Agosto e ata o 05 de Setembro polo Centro para retiralos e facer o pago dos mesmos . Os pais/nais dos alumnos/as de Educación Secundaria obrigatoria  deberán tamén asina-lo cheque correspondente.
Os Alumnos/as  que se presenten a exames no mes de Setembro , se lles solicitará a Beca, así como os Libros  a partires do día 09 de setembro.



SECRETARÍA estará aberta en horario de 09:00h. a 13:00h. ata o 15  de Xullo e a  partires do 18  de Agosto.


LLES DESEXAMOS UN MOI FELIZ VERÁN

Vigo 19 de Xuño de 2.014


No hay comentarios:

Publicar un comentario