viernes, 5 de abril de 2013

MATRICULACIÓNS



CURSO ESCOLAR 2.013/2.014

TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN E DE MATRÍCULA DO ALUMNADO

O número de alumnos/as  por unidade escolar  será a seguinte:

Segundo ciclo de educación Infantil e educación primaria : 25 por unidade
Educación secundaria obrigatoria: 30 por grupo

Reserva de praza no centro de orixe: 18-22 de marzo

O prazo de presentación de solicitudes de admisión: 5-17 de abril

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 22 de abril – 3 de maio.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: até o 10 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 31 de maio.

Formalización da matrícula en Educación Infantil e Educación Primaria: 20-30 de xuño

Formalización da matrícula en Educación Secundaria Obrigatoria: 25 de xuño–10 de xullo

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en Educación Secundaria Obrigatoria: 1-10 de setembro.

Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado este, teráselle por decaído no dereito á praza obtida.

En caso de empate na puntuación final, as letras de prioridade son: U e K ( primeiro apelido ) e as letras J e Ñ ( segundo apelido)




DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA A SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA

A solicitude de admisión é única e deberá axustarse ao modelo normalizado do Anexo II da Orde de do 12 de marzo de 2013, DOG número 53, do 15 de marzo de 2013

Certificado de empadroamento da unidade familiar
Fotocopia do D.N.I. do solicitante así como de todos  os que convivan no mesmo domicilio.
Fotocopia do Libro de Familia
Certificado de matrícula
Certificación de renta do ano dos mil once

No caso de que  acredite calquera outro criterio, deberá certificalo cada documentación precisa.


CRITERIOS DE BAREMACIÓN E PUNTUACIÓNS ( para os casos nos que as solicitudes sexan superiores aos postos dispoñibles) 


1. IRMÁS
Primeiro irmán matriculado no  centro: 8 puntos
Por cada un  dos irmáns restantes: 2 puntos.

Computarase a existencia de irmáns matriculados no centro si éstos están cursando ensinanzas nel e van a continuar asistindo o mesmo no curso escolar para o que se solicita a admisión.
Si os apelidos non fosen  coincidentes acreditarase a relación mediante o libro de familia, certificado, sentencia pola que se adxudique a titela o, no seu caso, a correspondente resolución administrativa, emitida po la conselleria competente en materia de benestar social, na que figure a guarda e acollida do menor.


2.- Acreditación do criterio pais traballadores do centro docente:
Pai ou nai traballador/a do centro docente: 3 puntos.

Acreditarase pola titularidad.


3.- Acreditación do criterio domicilio:
Área de influencia:6 puntos.
Área limítrofe: 3 puntos.
Outras zonas ou  localidades: 0 punto. 

O domicilio familiar acreditarase mediante a certificación de empadroamento familiar


4.- Acreditación do criterio domicilio de traballo :
Área de influencia :4 puntos.
Área limítrofe: 2 puntos.
Outras zonas ou  localidades: 0 punto

O lugar de traballo de calquera dos país ou titores , debidamente acreditado, considerarase, a instancia do solicitante, cos mesmos efectos co domicilio familiar do solicitante.
Cando, por causa debidamente acreditada, os pais, nais, titores ou titoras vivan en domicilios distintos, considerarase como domicilio familiar do alumno o da persoa que teña atribuida a custodia legal do mesmo.
Nos casos nos que se acorde a custodia compartida do alumno ou da alumna, valorarase o domicilio no que esté empadroado ou empadroada.


5.- Acreditación do criterio de familia numerosa:
Por familia numerosa de  categoría especial: 3 puntos
Por familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos

A condición de membro de familia numerosa acreditarase aportando o título oficial de familia numerosa.


6.- Acreditación do criterio de familia monoparental:
Por familia monoparental: 2 puntos

Para os efectos de valoración deste criterio, terá a consideración de familia monoparental a que reúna os requisitos que determina o artigo 12 da Lei 3/2011. Do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Esta circunstancia acreditarase mediante fotocopia do libros de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulardor.


7.- Acreditación do criterio renta da unidade  familiar:
Ingresos totais divididos polo número de membros da familia.
Ingresos inferiores a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos
Ingresos iguais  ou superiores a 0,5 e inferiores a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos
Ingresos iguais ou superiores ao 0,75 veces o IPREM: 1 punto
Ingresos iguais ou superiores ao IPREM: 0 puntos






8.- Acreditación do criterio discapacidade: (igual ou superior ao 33%)
Discapacidade  do alumno/a: 4 puntos
Discapacidade  dunha/un das/dos proxenitoras/es ou titoras/es  3 puntos:
Discapacidade  dalgunha/un das/dos  irmás/ans da alumna ou alumno: 1 punto por cada una/un delas/es: 1 punto

 A discapacidade dos alumnos, irmáns, país, nais ou titotes acreditarase mediante a correspondente certificación, emitida pola Conselleria de Benestar Social.


9.- Acreditación do criterio expediente académico para o acceso ao bacharelato:
Nota media  de sobresaliente: 2 puntos
Nota media de notable: 1 punto
Nota media de ben: 0,50 puntos


10.- Antigo alumno/a: 1 punto
Si o pai, nai, titor ou  titora legal ou  algun dos irmáns do solicitante ten a condición de antigo alumno ou  alumna do centro para o que solicita a praza, valorarase con 1 punto, independentemente do número deles.
Esta acreditación será mediante a documentación académica da que dispoña, a cal compararase coa  que se garda na secretaría do Centro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario